Seleccionar Idioma:
GAL | ES
Inicio | Novas | Eventos | Ligazóns | Accesibilidade Web | Área Privada
PUBLICACIONES
EDUCACION
Acceder WebQuest
SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA
VOLUNTARIADO GALEGO
COLABORA CONNOSCO

OBXECTIVOS

A Federación ten carácter aberto, e pódese integrar na mesma tódalas asociacións que o soliciten, sempre que desenvolvan as súas actividades no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que os seus fins sexan compatibles cos da Federación.

Obxectivo AEstimular as relacións entre os membros.

Obxectivo BImpulsar e potenciar os obxectivos e as actividades dos seus membros.

Obxectivo C Propoñer leis que garanticen os dereitos das persoas con síndrome de Down.

Obxectivo DPromover e realizar campañas de información e mentalización social para difundir o coñecemento e a realidade das persoas con síndrome de Down.

Obxectivo E Representar ós seus membros.

Obxectivo F Xestionar subvencións ante os Organismos competentes de carácter autonómico, nacional ou internacional (públicos ou privados) para obter recursos para o seu funcionamiento.

Obxectivo G Establecer e manter relacións de colaboración con outras organizacións que teñan obxectivos similares.

Obxectivo H Evitar e, se fose necesario, denunciar a todas aquelas entidades ou persoas que actúen en contra dos intereses das persoas con síndrome de Down.

Obxectivo I Promover intercambios e encontros entre profesionais das distintas Institucións para a síndrome de Down, posibilitando o coñecemento das diversas experiencias que o longo da xeografía nacional se están a levar a cabo.

Obxectivo J Prestar apoio psicolóxico as familias das persoas con síndrome de Down, especialmente as nais e pais con sobrecargas familiares.

Obxectivo K Fomentar a promoción da muller con síndrome de Down en todos los ámbitos.

Obxectivo L Apoiar todas aquelas políticas de discriminación positiva que promovan a inclusión social en tódolos ámbitos (escolar, familiar, social, laboral,...) das mulleres e homes con síndrome de Down.

Obxectivo M Promover e organizar actividades de Ocio e Tempo Libre dirixidas a nenos e nenas con síndrome de Down, que fomenten a súa participación na comunidade e polo tanto a súa integración social.