  |
 |
| 1. |
Emprego con Apoio
 |
| 2. |
Extratexias para Favorecer a inclusion de alumnos con Síndrome de Down
 |
| 3. |
Unha vida por diante
 |
|
|
|
| DKV SEGUROS COLABORA CON DOWN GALICIA E AS SÚAS ENTIDADES MEMBROS NO “PROXECTO COGNITIVO ARPA” |
| 02/05/2008 9:05:21 |
DKV Seguros y Reaseguros, S.A. colabora con Down Galicia a as súas entidades membros con unha aportación económica de 12.000 euros para o “Proxecto Cognitivo ARPA”, proxecto que beneficia a un total de 280 persoas con discapacidade intelectual, e cuxo obxectivo xeral é desenvolver as capacidades das persoas coa síndrome de Down en particular e/ou discapacidade intelectual en xeral, para desempeñar tarefas, resolver problemas, para ser un pensador independente e autónomo. |
|
| OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA COLABORA CON DOWN GALICIA NO PROXECTO “TECNOLOXÍAS PARA A EDUCACIÓN - APRENDIZAXE DE PERSOAS COA SÍNDROME DE DOWN” |
| 27/02/2008 12:27:10 |
Obra Social Caixa Galicia colabora con Down Galicia con unha aportación económica de 25.000 euros para o proxecto “Tecnoloxías para a educación - aprendizaxe de persoas coa Síndrome de Down”, proxecto que beneficia a un total de 550 persoas con discapacidade psíquica e as súas familias, e cuxo obxectivo xeral é favorecer os procesos de educación - aprendizaxe das persoas con discapacidade psíquica a través das Novas Tecnoloxías. |
|
| A FUNDACIÓN |
| 01/10/2007 11:47:59 |
A Fundación "La Caixa" aporta 20.000 Euros o Proxecto "O Voluntariado na Escola de Vida" que pon en marcha Down Galicia.
A Fundación "La Caixa, no marco dos seus programas sociais, colabora con entidades privadas sen ánimo de lucro, ubicadas no territorio español, que contan con grupos de voluntariado para levar a cabo os seus programas para fomentar este movemento solidario de participación cidadá
70 persoas voluntarias vinculadas ó Movemento Asociativo Down Galicia beneficiaránse do programa "Voluntariado na Escola de Vida" que pon en marcha a Federación Down Galicia co apoio da Fundación "La Caixa".
O programa constitúese para dar apoio, formación e proporcionar instrumentos e ferramentas as persoas voluntarias que brindan e brindarán apoio as persoas con discapacidade psíquica que participan no proxecto Escola de Vida.
É de vital importancia a formación dos voluntarios/as, para ilo, desarróllase un Plan de Formación riguroso e eficiente, a través do cal se ofrecen os coñecementos necesarios para realizar as tarefas encomendadas.
VIDA INDEPENDENTE
A Vida Independiente significa poder exercer o control sobre a propia vida, significa poder elixir qué é o que quero facer e non facer, significa poder tomar decisións, etc. Para o colectivo de persoas con discapacidade psíquica o desexo de control da súa propia vida pode chegar a ser incluso mais importante có control sobre sí mesmo.
Down Galicia e as súas entidades membros creen que a integración na nosa sociedades das persoas adultas con discapacidade psíquica, prodúcese a través da independencia e da autonomía, a tal fin responde o proxecto Escola de Vida. Para a execución do mesmo, debemos dotarós voluntarios da formación, os apoios, os instrumentos e as ferramentas necesarias para desenvolver adoitadamente todas as actuacións previstas no mesmo e todo isto o estamos facendo grazas á colaboración da Fundación "La Caixa". |
|
|