Servizo de Atención Temperá
- Reducilos efectos das discapacidades sobre o conxunto global do desenvolvemento do neno e da nena.
- Optimizar, na medida do posible, o curso do desenvolvemento do neno ou da nena.
- Introducir os mecanismos e recursos necesarios de compensación, de eliminación de barreiras e de adaptación ás necesidades específicas.
- Evitar ou reducir a aparición de efectos ou déficits secundarios ou asociados producidos por un trastorno ou situación de alto risco.
- Atender e cubrilas necesidades e demandas da familia e do entorno no que vive o neno ou a nena.
- Consideralo neno ou a nena, a familia e seu entorno como suxeitos activos de intervención, de tal forma que se produza unha implicación de tódolos axentes.
- Proporcionar ós pais e a toda a familia a información, o apoio e o asesoramento necesarios, co fin de que poidan adaptarse a nova situación, e manteñan unhas adecuadas relacións afectivas co neno.
- Enriquecer o medio no que se vai desenvolver o neno proporcionando estímulos adecuados en tódolos aspectos para favorecer o desenvolvemento.
- Fomentar a relación pais- fillos, evitando a aparición de estilos interactivos inadecuados.
- Levar ó máximo os progresos do neno para lograr súa dependencia nas distintas áreas de evolución.
- Emplear estratexias de intervención nun contexto natural a través das situacións rutinarias do neno, evitando fórmulas demasiado artificiais.
- Levar a cabo unha acción preventiva, xa que os programas de Atención Temperá permiten, dalgunha forma, frear o deterioro progresivo, evitando que os nenos presenten alteracións máis graves nos distintos aspectos evolutivos. Esta faceta preventiva esténdese tamén a todo o ámbito familiar, instaurándose dende o principio comportamentos adecuados, máis adaptados as realidades.
|