DownGalicia.org
DownGalicia.org INICIO DownGalicia.org Contacto DownGalicia.org Área Privada DownGalicia.org
DownGalicia.org galego DownGalicia.org castellano DownGalicia.org
DownGalicia.org DownGalicia.org DownGalicia.org
DownGalicia.org DownGalicia DownGalicia.org
DownGalicia.org DownGalicia.org
DownGalicia.org
DownGalicia.org ¿QUÉN SOMOS? OBXECTIVOS OBXECTIVOS ACTUACIÓNS ACTUACIÓNS VOLUNTARIADO VOLUNTARIADO ÁREAS ÁREAS CONTACTO CONTACTO
DownGalicia.org
DownGalicia.org Novas DownGalicia.org Eventos DownGalicia.org COLABORA CONNOSCO DownGalicia.org ASOCIACIÓNS MEMBRO DownGalicia.org
DownGalicia.org DownGalicia.org DownGalicia.org DownGalicia.org
DownGalicia.org
¿QUÉN SOMOS? ¿QUÉN SOMOS? OBXECTIVOS OBXECTIVOS ACTUACIÓNS OBXECTIVOS ACTUACIÓNS VOLUNTARIADO ACTUACIÓNS VOLUNTARIADO ÁREAS VOLUNTARIADO ÁREAS CONTACTO ÁREAS CONTACTO
NOVAS DownGalicia.org
¡CHAMANOS!Voluntariado
Documentación
1. Emprego con Apoio
descargar documento
2. Extratexias para Favorecer a inclusion de alumnos con Síndrome de Down
descargar documento
3. Unha vida por diante
descargar documento
OBRA SOCIAL CAJA MADRID SUBVENCIONA O “PROXECTO DE FORMACIÓN E INCORPORACIÓN SOCIOLABORAL.
13/11/2008 16:14:22
Imaxe Nova O pasado 31 de maio, e tras 5 meses de duración, finalizou o “Proxecto de Formación e Incorporación Sociolaboral” que Obra Social Caja Madrid subvenciona e que beneficiou a un total de 34 usuarios pertencentes ás entidades de Down Compostela (10 usuarios), Down Ourense (4 usuarios), Down Pontevedra (6 usuarios) e Down Vigo (7 usuarios).
A través do mesmo, os beneficiarios recibiron unha acción formativa práctica que lles proporciona os coñecementos necesarios para desempeñar unha ocupación concreta para mellorar as súas posibilidades de inclusión social e laboral.
As 5 accións formativas desenvolvidas: “Repoñedor de hipermercado” (Compostela), “Auxiliar de oficina” (Ourense), “Técnicas de almacenaxe e xestión de medios materiais” (Pontevedra), e “Auxiliar de arquivo” e “Atención ao cliente” (Vigo); desenvolvéronse en base ao seguinte programa curricular: Módulo 1: Habilidades socio-laborais: 29 horas. Módulo 2: Resolución de problemas: 29 horas. Módulo 3: Seguridade e hixiene: 17 horas. Módulo 4: Aprendizaxe cognitiva: 33 horas. Módulo 5: Recursos comunitarios: 25 horas. Módulo 6: Novas tecnoloxías e manexo da vida cotiá: 33 horas. Módulo 7: Autocoñecemento: 25 horas. Módulo 8: Soporte específico (Repoñedor de hipermercado. Auxiliar de oficina. Técnicas de almacenaxe e xestión de medios materiais. Auxiliar de arquivo e atención ao cliente): 75 horas. Módulo 9: Prácticas en empresa (formación das tarefas concretas do posto de traballo): 80 horas.
A día de hoxe podemos destacar que o aproveitamento do curso foi elevado e que un total de 11 alumnos alcanzaron un posto de traballo no mercado ordinario.
A Fundación Down Compostela organiza o II Congreso Galego Síndrome de Down do 20 ao 23 de novembro
16/10/2008 9:20:04
Imaxe Nova A FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA organiza o II Congreso Galego Síndrome de Down, que baixo o lema DEPENDENCIA-INDEPENDENCIA, reunirá en Santiago de Compostela do 20 ao 23 de novembro de 2008 a recoñecidos profesionais e investigadores de ámbito nacional e internacional, a familiares e a persoas con Síndrome de Down e outras discapacidades para analizar a realidade actual da Síndrome de Down e cales son as perspectivas de futuro e as metas que queren alcanzar as propias persoas con Trisomía 21.
Unha parte do congreso tratará sobre a Lei 39/2006, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, o que esperan dela as persoas con Síndrome de Down e en que medida axudaralles a ser persoas independentes. O sistema educativo, a vida independente, o emprego con apoio, o envellecemento e as novas tecnoloxías serán outros aspectos que se abordarán neste congreso, que finalizará cunha mesa redonda na que cinco xoves con discapacidad contarán as súas propias experiencias en primeira persoa.
Pódense consultar máis información na web da Fundación Down Compostela: www.downcompostela.org
A FUNDACIÓN “LA CAIXA” COLABORA CON DOWN GALICIA E AS SÚAS ENTIDADES MEMBROS NO PROXECTO “EMPREGO CON APOIO”.
16/09/2008 9:54:01
Imaxe Nova A Fundación “la Caixa” colabora con Down Galicia e as súas entidades membros cunha aportación económica de 12.500 euros para o proxecto “EMPREGO CON APOIO”, proxecto que beneficia directamente a un total de 32 persoas con discapacidade intelectual e indirectamente a un total de 128 persoas.

O seu obxectivo xeneral é facilitar a inclusión socio-laboral das persoas con discapacidade psíquica, especialmente das persoas con síndrome de Down, no mercado de traballo ordinario garantindo, para isto, todos os apoios que tanto a persoa como o empleador precisan.

Este proxecto estrutúrase en 4 procesos esenciais: 1. Proceso de valoración e orientación para o emprego: a súa misión é orientar e informar ós usuarios sobre o seu perfil profesional e a conveniencia de, se é o caso, modificalo para acceder a ofertas laborais, acordes cos seus intereses, coñecementos e capacidades, establecendo o seu Plan Personalizado de Inserción. 2. Proceso de intervención coas familias: a finalidade deste proceso é potenciar a colaboración e implicación da familia do usuario en todos os procesos esenciais do servizo de emprego con apoio. 3. Proceso de prospección: a finalidade é concienciar ós empresarios e conseguir ofertas laborais en empresas do mercado laboral ordinario axustadas ó perfil dos usuarios do servizo. 4. Proceso de inclusión socio-laboral: a súa misión é poñer a disposición do usuario un sistema estruturado de apoio e acompañamento que o guíe no proceso de inserción socio-laboral, de modo que teña éxito na incorporación e mantemento do posto de traballo na empresa ordinaria seleccionada.
   
Inicio | ¿Quen Somos? | Obxetivos | Actuacions | Voluntariado | Áreas | Colabora connosco | Novas | Contacto

Valid XHTML 1.0 Transitional

CSS VÁLIDO