Xuntanza de asesoramento das técnicos de down Ourense ao equipo docente do CPI de Padrenda

Xuntanza de asesoramento das técnicos de down Ourense ao equipo docente do CPI de Padrenda

O CPI de Padrenda vén de sumarse á rede de centros educativos ourensáns que reciben asesoramento por parte das técnicos de Down Ourense en materia de educación inclusiva.

Este centro, que conta con unha alumna coa síndrome de Down, mantivo unha xuntanza de formación coas profesionais da Asociación Down Ourense na que se abordaron cuestións como as pautas de conduta axeitadas para a inclusión das persoas con diversidade funcional na aula, o uso e adaptación de material pedagóxico adecuado, así como estratexias para o establecemento de normas e límites nos comportamentos para asegurar a relación harmónica entre todo o alumnado.

O apoio á inclusión escolar e a coordinación con centros educativos é un dos piares fundamentais do traballo de todas as entidades Down a prol dun sistema educativo que permita que todos os nenos e nenas, sexan cales sexan as súas características persoais, participen na vida escolar, en igualdade de condicións, e recibindo os apoios adecuados ás súas propias peculiaridades.