Down Ourense participa no II curso de intervención educativa nas persoas con discapacidade.

Down Ourense participa no II curso de intervención educativa nas persoas con discapacidade.

A entidade ourensana abordou os beneficios de terapias e actividades realizadas con animais como parte da intervención educativa en persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Neste sentido, expuxo as experiencias realizadas neste campo tanto a través de terapias con cabalos como de actividades puntuais con animais domésticos.

No primeiro caso, o obxectivo da intervención vai orientado ao dominio do cabalo, reforzando deste xeito a confianza en si mesma da persoa con discapacidade, así como a súa autoestima. Pola súa parte, no caso dos animais domésticos, o que se traballa é o control dos impulsos e a expresión dos afectos e as emocións.

Esta ponencia estivo enmarcada no II Curso de intervención educativa nas persoas con discapacidade intelectual, celebrada pola UNED no C.I.S. de Aixiña, e á que asistiron en torno a 140 alumnos.