Contacontos solidario a favor da asociación Xuntos

Contacontos solidario a favor da asociación Xuntos

Os venres 13, 20 e 27 de abril celebraranse sendas sesións de contacontos para público infantil e familiar a cargo dos grupos “Pavís Pavós”, “Baobab” e “Golfiños”. Todos os pases serán ás 17:30 horas da tarde no Centro Cultural Novacaixagalicia de Pontevedra, sito na Praza de San Xosé.

As entradas para cada unha das sesións terán un prezo de 8 euros en billeteira ou de 15 euros o bono para os tres días. Doutra banda, tamén se poderán facer achegas de fila 0 no local da Asociación Xuntos, na rúa Rouco nº1, 2º.

Os fondos recadados nestas actividades irán integramente destinados ao financiamento do programas de inclusión social da Asociación Down Pontevedra Xuntos.

.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorala experiencia de navegación, e ofrecer contidos e publicidade de interés. Ó continuar coa navegación entendemos que acepta a nosa política de cookies, pinche ó enlace para mayor información.

ACEPTAR