Atención temperá
O programa de Atención Temperá está dirixido a nenos e nenas coa síndrome de Down entre 0 e 6 anos e o seu obxectivo é diminuír, mediante técnicas e exercicios específicos, o retraso madurativo asociado a esta discapacidade, aproveitando a plasticidade neuronal dos primeiros anos de vida.
Para garantir o éxito deste programa traballamos para acadar unha verdadeira implicación da familia, principal apoio e medio de estimulación do neno ou nena, ademais do seu principal vínculo co mundo que os rodea. Todas as entidades Down de Galicia traballamos da man de expertos profesionais para asegurar a excelencia na atención aos máis pequenos e o seu adecuado desenvolvemento psicomotor, cognitivo, lingüístico e socio-afectivo.
Programas
- Acollida
- Atención temperá
- Coordinación coa contorna.

