Misión, Valores e Principios
MISIÓN
Coordinar, apoiar e impulsar o traballo das entidades Down en Galicia co obxectivo último de:
- mellorar a calidade de vida de cada persoa coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e a das súas familias
- promover o exercicio efectivo dos seus dereitos, deberes e liberdades fundamentais para o seu desenvolvemento integral como persoas
PRINCIPIOS
Diversidade. Lo normal é que sexamos diferentes
- Cada ser humano é único, diferente e irrepetible.
- As diferenzas propias das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual han de ser aceptadas e valoradas.
- O respecto pola diversidade implica a ruptura do individualismo e a apertura á solidariedade. Permite descubrir e valorar a cada quen como un ser diferente que aporta valor á comunidade.
Dignidade. Son unha persoa
- Os dereitos humanos, os dereitos de cada persoa, fundaméntanse na dignidade humana, e as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, teñen os mesmo dereitos e deberes que as demais persoas.
Autodeterminación. Vivo a miña vida
- Ninguén pode usurpar o dereito de cada persoa a ser protagonista da súa propia vida.
- As persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual son suxeitos activos con capacidade para a autodeterminación.
Igualdade de oportunidades. Coma ti, podo con apoio
- É preciso eliminar as situación de desigualdade que impidan ou dificulten que todas as persoas poidan exercer de forma efectiva os seus dereitos, participar activamente na sociedade e realizar o seu proxecto de vida.
- Para que se produza unha verdadeira igualdade de oportunidades débense ter moi presentes as diferenzas e necesidades específicas que teñen as persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual.
Inclusión. A miña exclusión é o fracaso de todos
- Todos os membros dunha sociedade contribúen a enriquecela.
- Actualmente, moitas das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual atópanse á marxe da sociedade en boa parte dos seus ámbitos. Esta situación lesiona os seus dereitos e empobrece á sociedade.
- O desenvolvemento social esixe considerar a todos os seus membros sen distinción, implica respectar os dereitos humanos de todas as persoas, a súa dignidade e liberdade persoal.
VALORES
Coherencia: todas as persoas que formamos parte do Movemento Down Galicia respectamos a diversidade humana, estamos comprometidos coa dignidade das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, e promovemos a inclusión e o exercicio dos seus dereitos, especialmente a igualdade de oportunidades e a autodeterminación.
Compromiso: a empatía resulta un requisito imprescindible para que as institucións e todas as persoas que formamos parte do Movemento Down Galicia exerciten o seu compromiso coa misión da entidade.
- Esforzámonos por comprender os sentimentos, necesidades e intereses dos demais, especialmente das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual.
Efectividade: innovamos para dispoñer dos instrumentos e modelos de actuación que nos permitan unha intervención efectiva que responda integralmente a todas as necesidades dos nosos destinatarios directos.
- Como entidade de iniciativa social comprometida coa construción do estado de dereito e que traballa a favor de fins de interese xeral, estamos comprometidos coa mellora continua, colaboramos activamente con todos os nosos grupos de interese e somos transparentes na nosa xestión.
Participación: traballamos activamente en diferentes ámbitos para que todos os membros da sociedade se sintan valorados, respectados, comprendidos, apoiados e implicados no desenvolvemento da mesma.
- Contribuímos ao desenvolvemento dunha sociedade máis diversa, inclusiva, democrática e xusta, promovendo a participación activa das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.
- Estimulamos a participación das persoas e as entidades membro na vida asociativa dunha Federación que se abre á súa contorna para contribuír á construción dunha sociedade máis inclusiva.
Reivindicación: reivindicamos os dereitos, deberes e liberdades das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual coa defensa dos nosos principios, exercitando os nosos valores e desenvolvendo políticas efectivas.
- A relevancia do propósito da nosa misión alenta o esforzo, tenacidade e resistencia que nos caracteriza na defensa dos intereses dos nosos destinatarios.
Unión: a unión do Movemento Down en Galicia ao redor da Federación é un patrimonio institucional que debe preservarse como elemento impulsor do desenvolvemento da súa misión.
- A Federación Down Galicia contribúe ao desenvolvemento organizativo das súas entidades membro respectando o seu ámbito de decisión de cada unha delas e procurando o consenso nos seus asuntos comúns.
