You Are Here: Home » Down Pontevedra » CONTACONTOS SOLIDARIO A FAVOR DA ASOCIACIÓN XUNTOS

CONTACONTOS SOLIDARIO A FAVOR DA ASOCIACIÓN XUNTOS

Os venres 13, 20 e 27 de abril celebraranse sendas sesións de contacontos para público infantil e familiar a cargo dos grupos “Pavís Pavós”, “Baobab” e “Golfiños”. Todos os pases serán ás 17:30 horas da tarde no Centro Cultural Novacaixagalicia de Pontevedra, sito na Praza de San Xosé.

As entradas para cada unha das sesións terán un prezo de 8 euros en billeteira ou de 15 euros o bono para os tres días. Doutra banda, tamén se poderán facer achegas de fila 0 no local da Asociación Xuntos, na rúa Rouco nº1, 2º.

Todos os fondos recadados nestas actividades irán integramente destinados ao financiamento do programas de inclusión social da Asociación Down Pontevedra Xuntos.

About The Author

Number of Entries : 29

Leave a Comment

© 2011 © 2012 Down Galicia. Rúa Alejandro Novo s/n. 15706-Santiago de Compostela. A Coruña. 981.581.167 downgalicia@downgalicia.org

Scroll to top