You Are Here: Home » Down Lugo

Usuarios do programa de ocio organizan a festa de Nadal

Os mozos e mozas do programa de ocio da Asociación Down Lugo foron os encargados de organizar e coordinar todas as actividades da festa de Nadal da entidade. Na festa participaron todos os usuarios de todos os programas, as súas familias, as profesionais dos diferentes servizos e os voluntarios. A festa, en cuxa preparación os mozos investiron máis dun mes, contou con actividades lúdicas como o “amigo invis ...

Read more

MAURO RODRÍGUEZ CONVÉRTESE NO PRIMEIRO GALEGO COA SÍNDROME DE DOWN EN ACADAR UNHA PRAZA NUNHA OPOSICIÓN DO ESTADO

Mauro Rodríguez, un mozo de 22 anos membro da Asociación Down Lugo, vén de converterse na primeira persoa coa síndrome de Down en Galicia en acadar unha praza nunha oposición convocada polo Estado. Mauro Rodríguez é graduado medio en comercio e acredita experiencia no posto de ordenanza grazas ás prácticas realizadas neste ámbito no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Unhas prácticas f ...

Read more

O EQUIPO DE “VILAMOR” VISITA DOWN LUGO

Sabela Arán, Rubén Riós e Xoel López, presentaron na Asociación Down Lugo o tráiler da película  que protagonizan, “Vilamor”. Na presentación tamén estivo o director, Ignacio Villar, compartindo anécdotas da rodaxe e da realización do filme. “Vilamor”, que foi rodada principalmente en Lugo -nos Ancares, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz-, recrea a vida nunha comuna galega de finais dos anos 70. Precisamente ...

Read more

Down Lugo afianza o seu labor de inserción laboral con tres novos contratos

Tres persoas coa síndrome de Down  acadaron un  contrato de traballo dun ano de duración na empresa Gadis, a través do programa “Emprego con Apoio” desenvolvido pola entidade Down Lugo. Os supermercados nos que xa se poden atopar estes novos traballadores son os Gadis da Avenida de A Coruña, en Lugo cidade, o Gadis de Becerreá e o Gadis de Ribadeo. Estes contratos xorden da colaboración das empresas ordinar ...

Read more

© 2011 © 2012 Down Galicia. Rúa Alejandro Novo s/n. 15706-Santiago de Compostela. A Coruña. 981.581.167 downgalicia@downgalicia.org

Scroll to top